6.8.08

O Romeo, Romeo!

-En que pensas? –ela non contesta- Veña, tía. Estarás a pensar en algo.

-En ti, claro.

-Claro –repite quedo, mirando á punta das zapatillas- Que quere dicir claro? Abúrresme?

-Non. Amólasme.

Encolle os ombreiros.

-Vale. Iso podo entendelo. Acción, reacción. Pero o de que non pensas en nada non mo creo. Eu sempre estou a pensar en algo.

-De máis.

-Para alguén que di que non pensa en nada, de certo que si. A verdade. En que pensas?

-Se cho digo vasme deixar?

-Si. Ou non. Veña, si. Claro que si. Vaia, que ben soa. Claro. Claro. Claro. Préstasme a palabra?

-Cala. Por favor. Cala.

-Se ti falas eu calo. Se ti calas eu falo.

-Pensaba en ti.

-Ti nunca pensas en min.

-Non fago outra cousa que pensar en ti.

Óllaa escuro, negando o sorriso dos beizos. Sinala coa chave a porta pechada.

-Di “Ábrete, sésamo”

-Ábrete, sésamo.

-Que raro. Non abre. Din que a verdade abre todas as portas. Vasme dicir dunha puta vez en que estás a pensar?

Sem comentários: