Curiosidade
Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla:
unha carnicería no cerebro.
¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta frevre penitente abrise
a derradeira porta e a pechase
detrás miña, sonámbulo e impasible,
ou porías o pé
entre ela e o destino?
novembro, 92
"Poesía última de amor e enfermidade". Lois Pereiro. Edicións Positivas.
Fotografía de Xosé Abad.
Fotografía de Xosé Abad.
3 comentários:
lía onte a nova no país e a praia... o meu mozo estaba ben contento polo muda nas eleccións da academia. prestárame hai dous meses "Poemas de amor e enfermidade"... hai sucesos que unha toma coma mensaxes cifradas do alén...
verficación: brat (en croata, irmán)
Ledicia compartida, entón :) Como dixo Rosa Enríquez no fbk, xustiza poética.
Bicos, Vuk!
Enviar um comentário