Reclamada pola tía Natalia, a Nena volve á casa. Alí atopa a súa Nai enferma, pechada por propia vontade no seu cuarto, a Felisa, a aia que tentou atrapala na arañeira do seu amor, ao tío Cándido, ou cando menos á súa sombra. E a ausencia de Ramón.
Arredor desta ausencia artéllase a primeira parte da novela. Todo na casa evoca a Ramón, de quen pouco máis sabemos que o amor que lle tivera a Nena. Comeza a tecerse ao redor da moza o fío que busca atala de novo á familia. Nesa a súa volta forzosa a casa, a Nena négase a sentir, temerosa de que a compaixón pola nai enferma a ancore a unha familia que nin sequera lle pregunta canto tempo vai quedar, tan certos están de que a súa vida lles pertence. Ao fin e ao cabo, esa Nena da que nin sequera coñecemos o nome naceu, como a outra muller sen nome da novela, a Nai, “cun destino deseñado”: coidar de Ramón.
Pero Ramón xa non está, ese “enorme e bonito e fodido problema”, o único afecto que a Nena coñeceu nesa casa, xa non pode protexela co seu amor, coas súas caricias, da nai. E a nai é agora un monstro vencido, enfermo, e aínda así incapaz de se render ao afecto. Con razón a Nena aprecia máis os seus pés que o seu embigo; os primeiros son a liberdade, o segundo únea á Nai, esa muller a quen tanto teme parecerse e á que, porén, atopa na amante, tan semellante, incluso fisicamente, á Nai.
Novela de ausencias –Ramón, o pai, a frialdade da Nai-, o mellor deste retrato cruel de familia son os personaxes da Nai e de Ramón, ese “pequeno e delicado xigante” que lle ensina a Nena de xeito inesquecible como nacen as baleas, a creación de atmosferas, moitas veces a través de descricións anímicas de obxectos inanimados, a evocación case física dos recordos.
Así nacen as baleas. Anxos Sumai. Editorial Galaxia, 2007

Sem comentários:
Enviar um comentário