“Chamoume, e eu collín o teléfono, e logo. Había días e días que non sabía nada del. Eu que sei cantos. Igual semanas ou meses xa”. Así, cun narrador incapaz de concretar os detalles, comeza Advertencia, o primeiro relato de Incertos. Este narrador en primeira persoa que xa dende as primeiras liñas se amosa dubitativo ou desconcertado repítese noutros contos (Eu non era, Circulo vicioso, A derradeira lección), instalando dende o comezo ao lector nese clima incerto no que se desenvolven boa parte das historias. Axudan a construír esta incerteza un tempo verbal e un punto de vista ás veces inestable, a constante disolución da materia, da mesma identidade.
Porque neste xogo de realidades paralelas nada é o que parece, nin sequera un mesmo. “Sentía que era eu pero en realidade era outro”. De fondo, o medo sempre presente a perder a propia identidade, a deixar de ser, a morrer. E fronte a disolución, ás veces o amor, que nos reconstrúe, que nos ata á vida, que procura esperanza. Sentir para nos afastar dese “bruar mortífero” que algún día nos alcanzará, “todo conforme as regras da compañía”. Sempre haberá alguén disposto a ocupar o noso lugar, tentando evitar a incerteza, a disolución, a morte.
Esta unidade climática de moitos dos relatos fai destacar o dubidoso encaixe doutros no conxunto. Dous exemplos: Pola memoria do teu pai está ben, pero o final vese vir dende lonxe, mentres que Non somos nada, para min o relato máis prescindible do conxunto, narra a aproximación, puro instinto de supervivencia, dunha depredadora á súa vindeira presa tendo aínda diante o corpo da anterior. Pouco que ver con esoutros relatos nos que Dobao trata temas que forman parte da nosa esencia como seres humanos.
Incertos. Antón Dobao. Edicións Xerais, 2008

Sem comentários:
Enviar um comentário