8.10.08

HAI CU


Hai cu está divido en dez partes, nas que o autor deita unha ollada perspicaz e refrescante sobre o cotián, a lingua, o nacionalismo ou o amor.


Se a primeira parte –a prescindible cu chino- facía temer que o libro non fose máis que a ghamberrada dun lingüista, o resto do libro descúbrenos a un autor fresco, agudo e divertido, que coloca nos seus poemas abondosas dedicatorias á noiva, á familia ou aos amigos, referencias á rede –propaganda do blogue do autor incluída-, á tele, ao cine, que utiliza sen complexos os emoticóns (Ultrahaicu: :-*? ) ou a linguaxe dos SMS para escribir os seus poemas, e consigue, sorpresa, que todo iso funcione.

Moi recomendable como terapia para aqueles que aínda cren que ler poesía é aburrido, e unha patada nas “bólas de dragón” (é case unha cita) aos que fan d
a solemnidade a súa bandeira poética.


Hai Cu. O Leo. Edicións Xerais, 2007

Sem comentários: