11.10.08

JOSÉ



Na foto, José está entre o meu irmán Nani e máis eu. Era o noso tío, o irmán da miña nai, mais iso era só unha das moitas mentiras que din os libros de familia. Medramos como irmáns. Éramos irmáns.

Quixémonos, odiámonos, nos últimos tempos ignorámonos. Pero eu sabía que el sempre estaba aí para min, e sei que el sentía o mesmo, aínda que non fosemos quen de salvar a distancia que se instalara entre nós por unha parvada.

José, o meu irmán, morreu o 27 de decembro pasado, despois de 26 anos de loita cruel, valente, desesperada, contra o Crohn.

Onte tería cumprido 45 anos.

Lembreino hoxe, lendo a noticia da morte de Ramiro Fonte. Lembrei, tamén, a chamada en metade da noite da muller de José. A incredulidade, a infinita dor. As bágoas inevitables aínda agora cando vexo pola rúa alguén cos mesmos ombreiros cansos. Cando escribo esta inútil declaración de dor.

As miñas condolencias, de corazón, á familia de Ramiro Fonte.


Sem comentários: